Diana Piñeiro destaca a colaboración entre administracións como clave para mellorar a AC-214 ao seu paso por Cambre

  • A alcaldesa acompañou hoxe á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e á directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas na provincia da Coruña, Begoña Freire, na visita á actuación.
  • Diana Piñeiro destaca a colaboración entre administracións como clave para mellorar a AC-214 ao seu paso por Cambre.
  • A alcaldesa subliña que a cooperación coa Xunta permite avanzar na seguridade viaria nunha das principais vías do municipio.

Os traballos, cun investimento de máis de 600.000 euros e ao longo de 5,6 quilómetros, foron visitados xunto á conselleira María Martínez Allegue.
A alcaldesa de Cambre, Diana Piñeiro, puxo en valor a colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia como elemento fundamental para facer posible a mellora da estrada AC-214 ao seu paso polo municipio.

Piñeiro acompañou esta mañá á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na visita aos traballos de reforzo do firme nesta vía autonómica, na que tamén participou a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas na provincia da Coruña, Begoña Freire.
Durante a visita, a alcaldesa destacou que a cooperación institucional permite dar resposta ás necesidades reais da veciñanza, mellorando infraestruturas clave para o día a día do municipio.

Os traballos na AC-214 en Cambre esténdense en varios treitos ao longo de 5,6 quilómetros e supoñen un investimento de algo máis de 600.000 euros, contribuíndo a mellorar a seguridade e a comodidade da circulación nunha das principais vías de comunicación da contorna. A actuación enmárcase nun proxecto conxunto impulsado pola Xunta de Galicia para actuar en varias estradas autonómicas ao seu paso por distintos concellos da provincia, cun investimento global de 3,3 millóns de euros.

Diana Piñeiro sinalou que “a colaboración entre administracións é fundamental para avanzar na mellora das infraestruturas e garantir servizos de calidade á cidadanía, especialmente en ámbitos tan relevantes como a seguridade viaria”.

Neste sentido, incidiu en que este tipo de actuacións “demostran que o traballo coordinado permite optimizar recursos e dar unha resposta máis eficaz ás demandas da veciñanza”.
A alcaldesa reiterou o compromiso do Concello de Cambre de seguir reforzando a cooperación institucional coa Xunta de Galicia para continuar mellorando as infraestruturas e a calidade de vida da veciñanza.


 

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

Login

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.