Sobre la Residencia de Mayores de Pousada, Oleiros, algunas cosas que debes saber...

A Xunta destinará este ano preto de un millón de euros á mellora das instalacións da Residencia de Oleiros.

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, respondeu esta mañá a unha pregunta oral sobre este centro residencial.

  • Fabiola García lembrou que o centro conta cunha das ratios máis elevadas de persoal sanitario de Galicia, por riba da esixida pola normativa vixente.

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, respondeu esta mañá a unha pregunta oral no Parlamento de Galicia sobre a residencia pública de maiores de Oleiros. Durante a súa intervención, destacou que este ano a Xunta mellorará estas instalacións a través do investimento de preto dun millón de euros na renovación integral das cubertas.

Fabiola García fixo fincapé no apoio e a atención que presta o Goberno galego ás persoas maiores, como demostra o feito de que se triplicaron desde 2009 o número de prazas sostidas con fondos públicos, chegando actualmente a máis de 16.000 en toda a comunidade. Neste sentido, e para seguir avanzando, a Xunta consignou nos seus orzamentos para 2025 un investimento de 600 millóns de euros na área de maiores, un  12% máis que en 2024.

Sobre a residencia asistida de Oleiros, a conselleira fixo fincapé en que este centro é obxecto de control todos os anos por parte dos técnicos de Política Social e Igualdade e que en ditos seguimentos non se teñen detectado anomalías. Ademais, lembrou que a residencia de Oleiros conta cunha das ratios máis elevadas de persoal sanitario de Galicia, por riba da esixida pola normativa vixente.

En relación ao funcionamento do centro, subliñou que conta con equipamento axeitado e incidiu en que todas as decisións sobre os usuarios, incluídos posibles traslados ou a súa alimentación, son tomadas baixo estritos criterios médicos.

Fuente : Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Social e Igualdade.
Foto: Cedida

Redacción

Entre rías

Oleiros
15176 - A Coruña

Tfno: +34.609839609
redaccion@entreriasnoticias.es

Información

Contacto

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.