A Cabalgata de Reis das Festas do Nadal, organizadas pola concellería de Cultura do Concello de Sada, terá lugar o domingo 5 de decembro a partir das 18;00 horas.
Os Reis Meigos de Oriente iniciarán a súa visita a Sada ás 18.00 horas na lonxa, para seguir pola avenida do Porto, avenida da Mariña, rúa Venezuela, rúa Bergondo, rúa Pontedeume, rúa de Oza dos Ríos, praza dá Igrexa Nova, avenida de Barrié de la Maza, Linares Rivas, rúa Venezuela, avenida da Mariña e chegada á Casa dá Cultura sobre as 19.30 horas.
Ao terminar o percorrido, as súas Maxestades levarán a cabo unha recepción real na Casa da Cultura.