Xuventude Xunta de Galicia
Albergue Monte do Gozo (Santiago de Compostela)
Monte do Gozo – Rúa do Gozo, 18, Santiago de Compostela
Tel. 881 255 386EN COCHE
Vés en coche? A estrada N-634 deixarache ás portas do Monte do Gozo. Tamén podes acceder desde a AP-9.
EN AUTOBÚS
Desde o centro de Santiago, é posible acceder ás inmediacións do recinto nas liñas de autobús urbano, 6 e 7.
Na liña 6, a túa parada é San Marcos.
Na liña 7, deberás baixar na rotonda de Aríns.O complexo ocupa un amplo recinto de 65 hectáreas nunha zona, Monte do Gozo, de gran simboloxía para o Camiño, por ser o lugar desde o que o peregrino que percorre o Camiño Francés divisa as torres da Catedral por primeira vez.
O espazo distribúese na zona de albergue, na que se atopan os pavillóns de habitacións; a praza central, e a zona de lecer, que inclúe amplas zonas verdes, piscinas con solario e mesmo un auditorio que é escenario de importantes citas musicais.
O albergue Monte do Gozo habitacións compartidas, con cuarto de baño.
As habitacións compartidas distribúense en estancias para 8 e 4 persoas, con 4 e 2 liteiras respectivamente.- CAMPAMENTO DE MÚSICA ROCK
ACTIVIDADES
Musicais: clases de instrumento: batería, canto, guitarra, baixo, teclado e ukelele; combos: formación de bandas e preparación do concerto final, Jam Sessions e veladas musicais; obradoiros musicais: composición, historia do rock, formación en linguaxe musical e harmonía, técnico de son e medo escénico; estilos musicais: coñecer os estilos musicais máis significativos da música moderna, distinguir as características principais de cada estilo; outras actividades: aquagym, excursións, obradoiro ambiental e veladas.NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. As persoas que non saben nadar non poderán participar naquelas actividades que, de ser o caso, se desenvolvan na auga.
CAMPAMENTO
DATAS
ANOS DE NACEMENTO
COTA
CÓDIGO
Campamento de música Rock
21-28/07
06-07-08-09-10
148 €
150035
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.
Albergue Municipal Cabana de Bergantiños (Cabana de Bergantiños)
Lugar a Carballa, s/n, Cesullas, 15116 Cabana de Bergantiños (A Coruña).
Acceso por estrada en coche; estación de tren ou autobús próximas. Pasa un autobús diariamente a intervalos regulares con saída da estación de autobuses de Carballo.
T. 690 610 065O albergue está situado a pé da Ría de Cabana e ten acceso ás pistas polideportivas do colexio, 2 canchas de fútbol sala, cancha de baloncesto e parque infantil.
Consta de 45 prazas para durmir, divididas en tres módulos de 15 prazas por módulo. Conta con sala común de descanso equipada con sistema de audio e vídeo, zona de ocio con ordenadores e conexión a rede WIFI, comedor e cociña totalmente equipada.Edificio adaptado a persoas con discapacidade, con acceso a habitacións, cociña, comedor e sala de descanso. No conta con ascensor. Hai un cuarto reservada a persoas con discapacidade exclusivamente, cunha soa cama e baño con ducha totalmente adaptado dentro do cuarto.
• AVENTURAS NA PRAIA E NATUREZA
ACTIVIDADES
Deportivas: roteiro polo Camiño dos Faros e Valarés, xogos náuticos, paddel surf, descenso do Anllóns en caiac, tiro con arco e xogos na area; excursións: Casa de Eduardo Pondal (teatralizada), Museo do Xogo Tradicional (Melga), fervenza da Saimia, saída polo Rego dos Muíños ata o castro de Borneiro, dolmen de Dombate (teatralizada), dunas de Monte Branco e lonxa de Laxe; visitas: mariscadoras de Bergantiños e a un astaleiro tradicional de madeira; ambientais: coñecemento da riqueza da flora e fauna do Esteiro; outras actividades: xogos populares na contorna do Río Anllóns, paseo en tren turístico e praia.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.CAMPAMENTO
DATAS
ANOS DE NACEMENTO
COTA
CÓDIGO
Aventuras na praia e natureza
29/07-05/08
12-13-14-15
148€
150034
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.Centro Superior de Hostalería de Galicia (Santiago de Compostela)
CSHG (Centro Superior de Hostalería de Galicia), Estrada Santiago-Noia.
A Barcia, Km 3 A, 15897 Santiago de Compostela (A Coruña) Estrada Santiago Noia Km 3, Finca Turismo de Galicia.O CSHG dispón de 54.000 metros cadrados, zonas verdes con grandes árbores e cinco edificios onde se desenvolve toda a actividade. O aloxamento é en habitacións dobres con ducha, existen tres salas onde poden descansar os residentes, ademais dunha pista de tenis.
Todo o recinto esta adaptado a persoas con mobilidade reducida, existe tamén una habitación adaptada
T. 981 542 519
• O SABOR DO VERÁN
ACTIVIDADES
Campamento temático centrado arredor da cociña e do medio natural. Actividades de cociña: iniciación á cociña, técnicas de cociña, cociña creativa, cociña do mundo, repostería; Actividades medioambientais: xogos ecolóxicos, limpeza da natureza, ruta sendeirismo, obradoiro de reciclaxe, coñecemento da flora da contorna e aprendizaxe de recursos naturais e xogo cooperativo de concienciación ambiental.NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. As persoas que non saben nadar non poderán participar naquelas actividades que, de ser o caso, se desenvolvan na auga.
CAMPAMENTO
DATAS
ANOS DE NACEMENTO
COTA
CÓDIGO
O sabor do verán
11-18/08
11-12-13-14
148 €
150032
20-27/08
11-12-13-14
148 €
150033
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.Casa Dos Veciños (Ponteceso)
Fundación Eduardo Pondal, O Couto, 62, 15110 Ponteceso, A Coruña
Aldea do Couto, Concello de Ponteceso.
Coordenadas: 43.249773, -8.910435O Campamento desenvolverase na contorna rural da aldea do Couto, no Concello de Ponteceso.
O aloxamento terá lugar na Casa dos Veciños do Couto, a cal dispón na pranta baixa dunha ampla sala polivalente con escenario, aseos e comedor. No primeiro andar sitúase a zona de dormitorios, a cal foi completamente remodelada recentemente (inverno 2024) e está dotada de liteiras. O inmoble non conta con ascensor ou elevador salvaescaleiras para persoas con mobilidade reducida.
T. 981 714 524
• UN PAÍS PARA PINTORES E POETASACTIVIDADES
Obradoiros creativos: creación audiovisual, literatura, poesía, teatro, música, fanzines, cerámica e arqueoloxía; excursións: casa do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor, castelo de Vimianzo, fervenza do Ézaro, praia de Carnota, Museo Etnolúdico de Galicia e Museo Etnográfico de Buño, dolmen de Dombate, castro de Borneiro e vila de Muxía; outras actividades: xogos grupais e cooperativos, busca do tesouro, de presentación e cohesión de grupo; xogos de deportes de praia e festival das artes.NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso da actividade de praia ou de calquera outra actividade acuática, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.
• ISIDRO PARGA PONDAL, CIENCIA E CULTURAACTIVIDADES
Xeoloxía e bioloxía: arqueoloxía experimental, enxeñería e robótica, obradoiro de xabróns e cosmética natural, creación artística con refugallos; excursións: fervenza do Ézaro, Laxe e Muxía, praia dos Cristais e praia de Carnota, Museo do Mar, dolmen de Dombate, castro de Borneiro, castelo de Vimianzo, esteiro do Anllóns e Museo Etnolúdico de Galicia; outras actividades: xogos e deportes de praia, xincana no Couto, veladas, xogos cooperativos, olimpíadas e cinemaNOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso da actividade de praia ou de calquera outra actividade acuática, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.
CAMPAMENTO
DATAS
ANOS DE NACEMENTO
COTA
CÓDIGO
Un país para pintores e poetas
05-12/08
11-12-13-14-15
148 €
150030
Isidro Parga Pondal, ciencia e cultura
13-20/08
11-12-13-14-15
148 €
150031
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo)
Lg. Cornide Nº 20, 15167 Bergondo (A Coruña)
A 2 km de Sada (A Coruña) na estrada Sada - Betanzos.
T. 881 880 218A instalación é un recinto natural de 50.000 metros cadrados situado á beira da praia de Gandarío, con amplas zonas verdes, instalacións deportivas, laboratorio de aula-mariña, salón de xogos, museos de bioloxía mariña e de arte xuvenil, salas de xuntanzas, zona de acampada con servizos e cafetería.
É a instalación da provincia máis apropiada para discapacidades físicas.
Ten liteiras. Os exteriores e as zonas comúns son de fácil acceso. Carece de material náutico e de actividades adaptado.
• ACTIVIDADES NO MAR
ACTIVIDADES
Náuticas: vela, TDV táboa (windsuf), canoa (caiac), paddle surf, wakeboard, donut; outras actividades: xogos deportivos, aula TIC mariña; excursión náutica (volta Ártabra) e saída.NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO
DATAS
ANOS DE NACEMENTO
COTA
CÓDIGO
Actividades no mar
01-10/07
09-10-11
193,30 €
150007
15-24/07
06-07-08-09
193,30 €
150008
29/07-07/08
06-07-08-09
193,30 €
150009
12-21/08
10-11-12
193,30 €
150010
26/08-04/09
09-10-11-12
193,30 €
150011
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.CAMPAMENTOS TECNOLÓXICOS
NOTA: Para participar nestes campamentos non se esixe saber nadar. As persoas que non saben nadar non poderán participar naquelas actividades que, de ser o caso, se desenvolvan na auga.
• CREANDO O MEU VIDEOXOGO
ACTIVIDADES XERAIS: Achegamento ao desenvolvemento de videoxogos e á Intelixencia Artificial usando diversas contornas de creación. As persoas participantes poderán crear nesta contorna un videoxogo definindo a interface gráfica, as personaxes, a mecánica do xogo e facer uso da Intelixencia Artificial para obter comportamentos que se asemellen á realidade.
CAMPAMENTO
QUENDA
ANOS DE NACEMENTO
COTA
CÓDIGO
Creando o meu videoxogo
31/08-07/09
10-11-12
148 €
150012
• A VISTA DE PAXARO. PRIMEIROS PASOS CON DRONS
ACTIVIDADES XERAIS: Achegamento aos fundamentos que permiten a creación, control e voo dun dron. As persoas participantes terán a opción de construír o seu propio dron e de aprender os elementos básicos do seu funcionamento e, ao final do campamento, realizar unha xincana de competición coas súas creacións.
CAMPAMENTO
QUENDA
ANOS DE NACEMENTO
COTA
CÓDIGO
A vista de paxaro. Primeiros pasos con drons
31/08-07/09
10-11-12
148 €
150013
• ADESTRANDO O MEU ROBOTACTIVIDADES XERAIS: Achegamento aos principios tecnolóxicos que son necesarios para construción, funcionamento e mellora no control de robots sinxelos, mediante o emprego de ferramentas informáticas e traballo en equipo, superando pequenas probas ou retos coa aplicación dos coñecementos aprendidos.
CAMPAMENTO
QUENDA
ANOS DE NACEMENTO
COTA
CÓDIGO
Adestrando o meu robot
31/08-07/09
10-11-12
148 €
150014
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA dos campamentos coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.