Rueda anuncia que Galicia se convertirá no 2025 na primeira comunidade en contar cunha lei contra a violencia dixital.

  • O futuro texto incluirá medidas de sensibilización, prevención e detección do acoso en internet.
  • Salienta que este tipo de delitos “teñen moito que ver coa violencia machista” e lembra o compromiso da Xunta en “acabar con esta lacra”.
  • Resalta que Galicia “foi pioneira” en moitas medidas para previr e loitar contra a violencia de xénero e que conta cunha nova Lei de igualdade e protocolos para actuar fronte as agresións no ocio nocturno.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe no Parlamento que Galicia se converterá o vindeiro ano na primeira comunidade española en contar cunha lei dedicada exclusivamente a loitar contra a violencia dixital, “que ten moito que ver coa violencia machista”.

Rueda explicou que o novo texto, que incluirá medidas de sensibilización, prevención e detección do acoso en internet, enmárcase no compromiso da Administración autonómica para “acabar coa lacra” da violencia contra as mulleres co obxectivo de avanzar cara unha sociedade con “cero vítimas”.

Durante a súa intervención, o titular do Goberno galego resaltou que a Xunta leva anos traballando para previr e loitar contra a violencia de xénero e “sendo pioneira” en moitas das medidas postas en marcha neste eido.

Entre elas, Rueda lembrou que en 2013 se acordou a personación da Xunta en todos os procedementos penais en casos de morte por violencia de xénero, un ano despois constituíuse  o Observatorio galego de violencia de xénero e púxose en marcha o Centro de recuperación integral para as vítimas, e no 2016 lanzouse un programa pioneiro para mellorar a inserción laboral das vítimas de violencia de xénero.

Ademais, Galicia converteuse no 2017 na primeira comunidade en formar ao persoal da administración autonómica en igualdade e prevención contra a violencia, conta cun bono alugueiro e axudas directas para as vítimas e avanzou en materia lexislativa coa nova Lei de igualdade ou protocolos para evitar a violencia contra a muller ou o colectivo LGTBI no lecer nocturno e nos espazos festivos.

Fonte: www.xunta.gal

 

Redacción

Entre rías

Sada
15160 - A Coruña

Tfno: +34.608849703
redaccion@entreriasnoticias.es

Información

Contacto

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas