Hoxe acudín á Comisión Terceira para explicar os orzamentos para o 2025, centrados en facilitar o acceso á vivenda e mellorar infraestruturas. Un dos obxectivos clave é a creación da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, que nos permitirá duplicar o parque residencial. Xa temos en marcha máis de 1.500 vivendas públicas e acadaremos as 8.000 nesta lexislatura.
Para políticas de vivenda e urbanismo destinamos 240 millóns, concentrando a metade na construción de nova vivenda pública e na adquisición de solo. En infraestruturas, o orzamento é de 265 millóns, con 63 millóns para vías de altas prestacións libres de peaxes.
Tamén seguimos avanzando en seguridade viaria e en infraestruturas sanitarias e administrativas como o novo CHUAC e San Caetano.
Intervención de Anxeles Vázquez - Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático o pasado 25/10/2024. "Estruturamos os orzamentos do vindeiro ano en seis eixos para avanzar nunha Galicia comprometida co desenvolvemento sostible e coa economía circular."