- No marco da Estratexia de Infraestrutura Verde habilítase unha partida de 3 M€ para proxectos de renaturalización de espazos degradados, sobre todo nas cidades
- Ángeles Vázquez sinala que é un ano clave para a xestión da costa e tamén en materia de clima, coa previsible aprobación da norma que lle dará rango legal ao compromiso de lograr a neutralidade climática no horizonte do ano 2040
- Créase a marca Galicia Refuxio Climático e haberá 5 M€ para mellorar a xestión dos riscos derivados do cambio climático e concienciar á cidadanía a través dun novo programa formativo para a mocidade e do Observatorio de saúde e clima
- Augas de Galicia porá en marcha un Plan integrado de saneamento das rías, cun investimento de 70 M€ só en 2025, e creará unha Escola da Auga para a profesionalización dos técnicos municipais
- O Executivo galego prepara a candidatura para crear a oitava reserva da biosfera de Galicia, coa que a metade do territorio galego estaría protexido
- A Xunta triplica a partida de axudas para a protección dos animais de compañía, avanza de cara á construción do primeiro centro de titularidade autonómica para a recollida de animais abandonados e impulsará parques caninos nas cidades galegas
- Diego Calvo destacou que se darán os primeiros pasos para manter a excelencia do deporte de alto nivel con cifra récord de deportistas recoñecidos actualmente
- A Xunta reforza a asistencia xurídica gratuíta con 15M€ para aboar o pago deste servizo aos colexios profesionais da avogacía e da procuradoría
- Cos 216,6M€ en materia de mobilidade, atenderanse as liñas do transporte autonómico mantendo as bonificacións da Tarxeta Xente Nova e a Tarifa +65 e, entre outras actuacións, avanzarase nas obras das estacións intermodais pendentes
- O Goberno galego consolida as liñas de axudas dos últimos anos ás entidades locais tras executar neste exercicio case 700 actuacións por importe de 24M€ e incrementa en máis dun 33% o apoio ás asociacións veciñais cunha achega récord de 4M€
- Darase continuidade a proxectos como o novo centro de asociacionismo de Vigo nos antigos xulgados da rúa Lalín cunha partida de 9,9M€
Página 4 de 4