• Rueda salienta que a contratación enmárcase na primeira fase de execución da Estratexia Galega de Solo Residencial, que prevé desenvolver solo “que permita a construción de 20.000 vivendas protexidas e 5.000 libres”.
  • Estes proxectos abordarán o desenvolvemento dos primeiros 1,5 millóns de metros cadrados de solo en ámbitos dos concellos da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Arteixo.
  • Destaca que a declaración PIA “permitirá axilizar” os trámites e “simultanear as obras de urbanización e edificación”.
  • O futuro texto incluirá medidas de sensibilización, prevención e detección do acoso en internet.
  • Salienta que este tipo de delitos “teñen moito que ver coa violencia machista” e lembra o compromiso da Xunta en “acabar con esta lacra”.
  • Resalta que Galicia “foi pioneira” en moitas medidas para previr e loitar contra a violencia de xénero e que conta cunha nova Lei de igualdade e protocolos para actuar fronte as agresións no ocio nocturno.
  • A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salienta a importancia da “planificación para atallar os riscos” derivados dos eventos meteorolóxicos adversos.
  • O presidente destaca que para previr asolagamentos, Galicia conta cun “pioneiro sistema de alertas temperás” e unha rede de medidores do caudal dos ríos que se duplicou nos últimos meses ata chegar a preto dun cento
  • Nas áreas con risco potencial significativo de inundación, a Xunta está a executar obras e medidas de protección específicas por un importe de preto de 11 M€ e planifica novos proxectos da man dos concellos cun custo estimado en 20 M€.
  • No apartado da restauración cómpre destacar os 2,7 M€ para labores de conservación fluvial e a aposta pola creación de áreas de inundación controladas en zonas urbanas, espazos deseñados para reter grandes cantidades de auga en casos de chuvia intensa e con capacidade para integrarse en futuros corredores verdes.
  • Enmárcase nas medidas para lograr que “o 70% da poboación galega” teña capacidades dixitais básicas ou avanzadas no 2025.
  • Salienta que se destinarán 4,8 M€ a esta iniciativa que ten como obxectivo “reducir a fenda dixital”
  • A formación, que se centrará no colectivo de persoas maiores, será totalmente gratuíta e realizarase en cada municipio, a través de aulas fixas ou aulas móbiles itinerantes
  • O Consello tamén renova o convenio con Castela e León, Andalucía, Comunidad Valenciana, Estremadura, Navarra e Murcia para seguir colaborando no deseño de materiais e recursos para formación en habilidades dixitais
  • Máis de 40.000 alumnos e 32.000 profesores xa teñen un certificado que acredita os seus coñecementos do eido dixital

Página 2 de 4

Entre rías

Sada
15160 - A Coruña

Tfno: +34.608849703
redaccion@entreriasnoticias.es

Información

Contacto

Subscríbete a nuestro boletín

Recibe nuestras noticias actualizadas